Seguridade de Tinder

A túa seguridade é primordial.

Quedar con xente nova debería ser emocionante, non un motivo de preocupación. Atopa as ferramentas e recursos que che axudarán a ter o control da situación tanto dentro como fóra de Tinder.

Explora as nosas medidas de seguridade

A seguridade non é só unha característica máis,é o que guía todo o que facemos.

Porque cando tes a seguridade para ser quen es, as posibilidades son infinitas.

Así é como te acompañamos en cada paso.

A nosa visión da seguridade

Análise facial¹, Verificación con foto, Compartir a cita, bloquear, eliminar coincidencia e denunciar: todas ao teu alcance. Creamos estas funcións para que ti teñas o control en todo momento.

Algunhas cousas que convén saber antes da primeira cita.

  • Comproba primeiro se hai conexión.

    Conversa pola aplicación mentres te fas unha mellor idea da outra persoa. Comparte o teu número, redes sociais ou outra información persoal só cando che pareza axeitado.

  • Quedade en público primeiro.

    Escolle un lugar con xente ao redor para a primeira cita. Una cafetería, un bar, un parque…

  • Cóntalle a alguén os teus plans.

    Usa a función «Compartir a cita» ou cóntalle a unha amizade con quen vas quedar, cando e onde.

  • Ten o teu teléfono sempre cargado.

    Asegúrate de que podes chamar, enviar unha mensaxe, usar o mapa ou marchar se o necesitas.

  • Ten o control de como chegas á cita e como volves.

    Fai o teu propio plan de ida e volta, para que marchar dependa sempre de ti.

  • Confía na túa intuición.

    Se algo che parece raro, fíate da túa intuición. Podes marchar e bloquear, eliminar a coincidencia ou denunciala en calquera momento.

Algo máis que deberías saber:

Dádevos tempo para coñecervos mediante Tinder.

Combinamos tecnoloxía e revisión humana para garantir que as conversas sexan seguras. As persoas con malas intencións tentan cambiar e falar por outras aplicacións moi rápido. É un sinal claro ao que paga a pena prestar atención.

Vas viaxar?

Se tes a túa orientación sexual no perfil, agocharémola automaticamente nas rexións onde poida non ser moi seguro. Cando marches, aparecerá de novo no teu perfil.

O consentimento non é definitivo.

Cada experiencia en Tinder debe ser consensuada dende o principio ata o final. Se non te sentes a gusto en calquera momento, fíate dese sentimento.

En Tinder é onde nacen conexións significativas.

A nosa comunidade prospera cando todo o mundo se sente benvido. Por iso tomamos moi en serio as nosas Regras da comunidade.

Viches algo que non debería estar aquí? Denúnciao.

Cada denuncia axúdanos a manter Tinder seguro para todos.

Le as nosas Regras da comunidade

Velaquí tes algúns recursos útiles:

Estamos aquí para axudarche a ter seguridade e apoio dende a coincidencia ata a cita presencial.

Tes algunha pregunta? O normal é ter polo menos unha.

Consulta as preguntas frecuentes

1. A Análise facial está dispoñible en determinados países e os requisitos poden variar segundo a localización.

Vale, pero… por que Tinder?

App de Tinder que mostra a función Double Date

Con funcións como Double Date, Modo Musical, Modo Astrolóxico, Pasaporte, Aspiracións nunha relación e a Verificación con foto, Tinder segue a ser a app de citas máis popular do mundo, dispoñible en 190 países, con máis de 55 000 millóns de coincidencias desde a primeiro deslizamento. Detrás de cada unha desas coincidencias hai unha persoa real, e ese sempre foi o obxectivo. É o lugar onde atopas xente que doutro modo non coñecerías: un novo frechazo , alguén para viaxar, ou unha historia que medra ata converterse en algo real. Busques o que busques, aínda que agora non o saibas, Tinder ofréceche o espazo para descubrilo.

Crea un perfil, configura as túas preferencias e comeza a escoller. Se che gusta alguén e ti tamén lle gustas, é unha coincidencia. A partir de aí, xa é cousa túa. Envía unha mensaxe, planea algo, e descubre o que pasa. Con funcións como Double Date, Modo Musical, Pasaporte, Afinidade e moitas máis, Tinder está pensado para todo tipo de conexións: casuais, serias ou calquera punto intermedio.

Descarga a app de Tinder gratis para iOS e Android.

Xa liches abondo. Agora toca vivilo.

Descargar Tinder

Xa liches abondo. Agora toca vivilo.

Descargar Tinder